Unha historia de AsSircópatas sobre o poder dos soños e a liberdade. No reino de Ceópole, o malvado rei Amarradismundo adícase a escribir leis terribles cunha pluma de corvo. Leis que prohiben as festas de aniversario, o recreo ou os domingos. Ata escribiu unha lei que prohibe o salouco! Amarradismundo sorpréndese de non ter o cariño do pobo. Por que será que non o queren? Porque soñan, di o militar. O rei decide entón acabar cos soños. E encarga unhas almofadas que, coa súa maxia, enchen as noites de pesadelos. Non sabe que está a punto de desatar unha revolución. Porque vivir sen soñar... acaso merece a pena?